Fran presentounos ao seu curmán que esta
pasando uns días coa súa familia.
Chámase Nico e, coma Fran, é arxentino.
Nico leva dous anos viaxando polo mundo, así
que falounos de moitas cousas interesantes sobre os países que estivo percorrendo
e as súas culturas e costumes. Pasámolo moi ben na súa compaña e agradecemos a
súa visita.
Contounos que a súa próxima viaxe vai ser
facer o Camiño de Santiago desde Roma. Pensa que lle levará catro meses facelo. Os nenos e as nenas da clase invitáronno a volver
cando remate, para que lles conte coma foi a experiencia.
Bo
Camiño, Nico!!!