VISITA DE SUSA HERRERA

Susa Herrera presentounos o seu último traballo: o terceiro libro-álbum dedicado aos animais de Cabárceno, titulado "En Cabárceno, rugidos y canciones".



En cada canción deste libro-cd, ademais da voz de Susa aparecen as voces de nenos e nenas de diferentes colexios.
O coro do noso centro, no que están varios nenos e nenas da nosa clase, participou na canción "EL asno somalí", que cantaron en directo para todos nós.

Susa, acompañada sempre do coro do colexio, cantou varias cancións máis, facéndoo pasar moi ben a todos os presentes .