Formando parte das actividades no medio natural organizadas polo equipo de Educación Física do colexio, os nenos e nenas de cuarto participaron nunha ruta en patinete con saída desde o colexio, paradas polo camiño para desenvolver varios talleres e chegada á praia fluvial de Guillarei, para logo emprender o camiño de volta ao colexio.
Unha xornada dedicada enteiramente a potenciar a vida saudable:
deporte, ecoloxía, alimentación sa e ioga.
E todo á beira do río Miño.
Un entorno cunha paisaxe inigualable!
Que boa maneira de rematar o curso!
