MÉRCORES 25

LINGUA GALEGA


GRAMÁTICA: O ARTIGO
Páxinas 130-131


Lede con atención os cadros.






-Actividades 1, 2 e 3. 
Na número 2 copiade o texto para poder subliñar os artigos e arrodear os substantivos que os acompañan. Recordade que o artigo e o substantivo van xuntos. Tedes que encontrar oito parellas.


CIENCIAS NATURAIS

A MATERIA

Este vídeo vos axudará a recordar o aprendido ata agora. Está en castelán.




-Hoxe debedes ler as páxinas 100 e 101. Recordade que tedes que ir estudando e memorizando algunhas cousas.



Neste vídeo tamén vos falan das propiedades de materia. Está en castelán.


- Buscade na casa distintos materiais, en distintos estados, e descubride as súas propiedades experimentando con eles. (Pedide axuda a un adulto se fose necesario)

Podedes comprobar ...

Nos sólidos: 
-A resistencia (capacidade que posúe un material de soportar moita forza sen romper)
-A flexibilidade (capacidade de dobrarse sen romper) 
-A elasticidade (capacidade de recuperar a forma inicial despois dunha deformación)
-A fraxilidade (propiedade que indica que un material rompe con facilidade)

Nos líquidos:
-A viscosidade (resistencia que teñen a fluír)
-A volatilidade ( a facilidade con que se evapora)

Nos gases:
-O aumento ou diminución de volume (propiedade de expandirse ou comprimirse).

Aquí tedes un enlace a unha páxina da que podedes sacar ideas, pero seguro que a vós se vos ocurren moitas máis.

-Escribide os vosos experimentos e completalos con debuxos ou fotos. Se preferides facer un vídeo, tamén podedes.