John é de Irlanda do Norte e é familiar dunha das profesoras irlandesas que traballa connosco no Proxecto ERASMUS+.
Está facendo o Camiño de Santiago. Empezou en Oporto, e ao pasar por Tui quixo coñecer o noso colexio.
A nosa foi unha das clases que visitou. Como non falaba español, foi unha boa ocasión para practicar inglés cunha persoa nativa nese idioma.
Encantounos coñecerte, John. Boa viaxe! Bo Camiño!
