NOVA CARTA DE LÚA

Na porta da clase atopamos unha nova carta de Lúa. Nela volve a darnos as grazas por axudala a facer millas, a pesar da choiva que cae continuamente.

Xa saiu de Torrevieja e pasou por Valencia, por Barcelona, por Marsella e chegou a Varese. Nas distintas cidades aproveita o tempo para coñecelas mellor e probar novas comidas.


Esta vez deixounos de agasallo un paquete de espaguettis, pois a pasta aínda que é típica de Italia, sabe que lle gusta a todolos nenos e nenas.

Por suposto, anímanos a cociñala no seu restaurante. 
Teremos que facelo!