Coma agasallo de Nadal
decidimos pedir o libro “El tesoro del dragón” de Rafael Ordóñez, e estivemos léndoo
nestas últimas semanas.
É unha obra de teatro ambientada na Idade Media, pero escrita cunha
linguaxe moi actual.
Todo sucede cando parece ser que nunha gruta, nas
montañas, un dragón garda un tesouro moi especial. Todos os cabaleiros queren conseguilo porque así poderán casar coa princesa, pero todos volven
chamuscados. O rei non pode tolerar que o orgullo do reino sexa arrastrado desta
maneira e toma unha importante decisión. Pero a súa filla, unha rapaza moi
moderna para a súa época, non quere casar con ningún cabaleiro imposto polo seu pai, e lánzase á aventura conseguindo descubrir o
misterio.
Esta semana tivemos a sorte de recibir a visita do escritor, Rafael Ordóñez,
que se reuniu co alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria no salón de actos do colexio.
As nenas e os nenos desfrutaron escoitándoo
falar e, por suposto, respondeu a tódalas preguntas que lle quixeron facer. O valor da igualdade é o que quixo destacar especialmente para que todos e todas sexan conscientes de que poden participar nos mesmos retos e conseguir o que se propoñan.
Pero ademais Rafael é un gran contacontos e
fixo participar na representación das súas historias a varios voluntarios/as,
creando con eles/as momentos moi
divertidos.
Ao final, firmou exemplares dos seus libros
aos seus entusiasmados lectores.
