Este curso a BOA ALIMENTACIÓN, que é un dos
pilares fundamentais para poder levar unha vida feliz e saudable, foi a
protagonista do Entroido no noso colexio.
Nas clases de 3º disfrazámonos de amorodos, unha froita que aos nenos e ás nenas xeralmente lles
gusta moito.
Polas rúas de Tui desfilamos xunto a outras froitas, a hortalizas, a cereais... e tamén xunto a cociñeiros/as e panadeiros/as... animando aos veciños/as da nosa
cidade a concienciarse de que unha alimentación variada e rica en produtos
vexetais é imprescindible para ter boa saúde.
Logo houbo unha "cuchipanda" con
postres propios desta época (filloas, orellas, flores, chulas...) e música e baile
para rematar a festa.
