MÉRCORES 18

LINGUA GALEGA


ORTOGRAFÍA

PALABRAS CON H
Páxinas 120-121

Lede con atención o cadro.

Actividade 1: (Non é necesario copiar a sopa de letras, só hai que descubrir as palabras e escribilas. Todas empezan por H.)

Actividades 2 e 3: Completar o que falta.

Actividade 4: Copiade as adiviñas, escribir a solución e facer un pequeno debuxo de cada unha.


Para practicar un pouco máis, facede clic sobre a imaxe.
(Tedes que ter Adobe Flash Player activado)



CIENCIAS NATURAIS

A MATERIA

-Lectura das páxinas 96 e 97.

-Observade obxectos que teñades ao voso arredor, escribide unha lista poñendo ao lado o tipo de materia da que está feito cada un.

-Observade produtos envasados que pesen o mesmo (Por exemplo...1/2 kg de fariña, 1/2 kg de patacas, 1/2 kg de pasta... etc.)
Contestade estas preguntas:
Ocupan o mesmo espazo? Quen ocupa máis? É menos? Por que?

Neste vídeo podedes ver experimentos sobre o estado da materia.
 Se queredes, podedes facer algún, 
pero sempre en compañía dun adulto.