Antón fixo varias disolucións mesturando auga e colorantes. Ao volver a mesturar os líquidos resultantes, conseguiu novas cores.
Moitas grazas, Antón!
Mikel e o seu irmán tamén experimentaron coa mestura de líquidos con cores primarias (azul e amarelo) para obter unha cor secundaria (verde).
No seu caso usaron outra técnica: meteron panos de papel que comunicaban os vasos; deixaron que o papel absorbese a auga coloreada previamente; e finalmente formouse unha nova cor.