MARTES 26

LINGUA GALEGA

"Demostra o teu talento"


Páxina 175

-Actividade 8: Escribide chistes e acompañádeos de debuxos.

Pasos a seguir:
  • Elixide un adxectivo.
  • Imaxinade unha situación graciosa.
  • Esaxerade moito.
  • Procurade ser respectuosos/as.

IMPORTANTE: Recordade que teñen que ser en galego.

Mandádenos os vosos chistes.



CIENCIAS NATURAIS

COIDAMOS O MEDIO NATURAL


 Convertédevos en concursantes e contestade as preguntas.


Recordades a última actividade de Naturais que fixéchedes. Tiñades que pensar como reutilizaríades varias cousas.

Pois agora chegou o momento de reutilizar algún obxecto ou material que teñades na casa, e debedes transformalo en algo diferente. 

Mandádenos fotos dos vosos traballos.