As emocións son estados afectivos que todos e todas experimentamos de forma innata. Os sentimentos son a toma de conciencia desas emocións.
Descubrir
e diferenciar as distintas emocións e identificar os diferentes sentimentos que
poden estar relacionados con cada unha delas forma parte dun proxecto deste
curso, co que pretendemos desenvolver a competencia emocional do noso alumnado
dotándoo de ferramentas que axuden a mellorar o seu benestar persoal e social.
Os
nenos e nenas da clase decidiron expresar os seus descubrimentos a través do
que chamaron "CHUVIA DE EMOCIÓNS", unhas nubes con gotas nas que
foron escribindo os estados de ánimo que son capaces de recoñecer en si mesmos
e nos demais.
Agora
están colgadas no teito da clase e axudarán a verbalizar como se senten cando
están alegres, tristes, enfadados ou senten medo.
O
proceso foi así: