O ARCO DAS EMOCIÓNS

Na clase continuamos traballando con diferentes formas de expresar as emocións. Os nenos e nenas decidiron que un arco iris era unha boa forma de compartir cos demais como se sinten en determinados momentos.



Agora está na porta da aula e libremente colocan o seu nome na cor que representa a cada emoción. Ao longo do día poden cambiar de cor, se é necesario, porque o seu estado de ánimo variou.