No colexio estamos participando no proxecto da Xunta “Aliméntate ben” encamiñado a traballar a alimentación saudable.
“Fai clic ao teu bocata” é unha das modalidades deste proxecto coa que se pretende
dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar.
O xoves pasado asistimos no salón de actos a un obradoiro onde nos contaron
moitas cousas sobre as propiedades das conservas feitas con
produtos do mar e os beneficios que ten incluílas na nosa dieta.
Cada neno e cada nena recibiu un bocadillo para que comprobase persoalmente
o traballado no obradoiro. Ademais levou un receitario para que poida seguir
experimentando na súa casa e un estoxo térmico para gardar o “bocata”.