PRACTICANDO PIRAGÜISMO

Os nenos e nenas de cuarto visitaron as instalacións do Centro Municipal de Piragüismo.

O primeiro, e importantísimo, é colocar ben os chalecos salvavidas e saber como manexar os remos.

E chega o momento que todos e todas agardan ansiosamente: practicar este deporte que tantos éxitos lle leva dado á nosa cidade. 


Por último, a recompensa final despois do esforzo: desfrutar dun baño. Como era un día caluroso foi estupendo estar rodeado de tanta auga.