Uxía é bióloga e estudia as propiedades nutricionais dos produtos do mar.
Roque é peixeiro e polo seu traballo coñece moi ben moitos tipos de peixe.
Estas dúas personaxes foron as encargadas de desenvolver o taller “Ti si
que es un bo peixe” que ten coma obxectivo que os nenos e as nenas coñezan os
beneficios que aporta na súa dieta o consumo dos produtos frescos do mar e
tamén conciencialos sobre a importancia de coidar os recursos mariños que temos
en Galicia.
O taller desenvolveuse o venres pasado no noso colexio e pertence ao
programa “Aliméntate ben”, que está incluído no Plan Proxecta+ da Consellería
de Educación.