VISITA DE GUSTAVO RODRÍGUEZ

Gustavo Rodríguez é un recoñecido deportista tudense que practica triatlón. 

Visitounos para falarnos do seu deporte favorito, que, en realidade, son tres deportes á vez: natación, carreira e ciclismo.


Gustavo tamén é o guía de Hector Catalá, un deportista cego.

Os dous xuntos participaron nos últimos xogos paralímpicos en Tokio e gañaron unha medalla de prata para España.


Gustavo cando era pequeno estudiou no noso colexio. Podemos estar moi contentos de que grandes deportistas a nivel mundial pasaran polas nosas aulas na súa infancia e compartan coas seguintes xeneracións os seus triunfos dando valor, sobre todo, ao esforzo. Unha gran lección para todos/as.