PLANTANDO ÁRBORES NO PATIO

A semana pasada cada clase recibimos un agasallo que estaba esperándonos na porta da clase. No noso caso era unha árbore froiteira que rematará dando unha rica variedade de ameixa: o mirabel.

No patio tiñamos preparado un buraco, no que plantamos a nosa árbore, logo houbo que enchelo de terra de novo, regar e protexer cunhas pedras arredor.

Coma xa sabemos, as árbores son seres vivos moi importantes para nós, os humanos, porque aportan moito osíxeno ao aire que respiramos. Ademais, neste caso cando medre vai dar unhas froitas moi apetitosas e tamén teremos unha estupenda sombra nos días de calor.