TIPOS DE GRANITO

Na nosa terra hai moita diversidade de rochas. Entre elas é moi abundante o granito.

Sabíades que o granito é un dos materiais máis duros do planeta?

En Galicia hai moitas canteiras das que se extraen 40 tipos de granito diferentes e se envían a todo o mundo.

O de cor rosa é típico de Porriño, que lle presta o nome e é moi apreciado.

Hoxe Manu trouxonos varios anacos xa pulidos, e puidemos observar distintas variedades e as diferenzas de composición e de cores entre uns e outros.

Foi moi interesante!!!