Mostrando entradas con la etiqueta 22-23. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 22-23. Mostrar todas las entradas

FELICES VACACIÓNS

Rematamos dous cursos, que estiveron cheos de traballo e de xogos.

Moitas grazas a todos e a todas polo voso esforzo. 

Botarei de menos cada día os vosos sorrisos.

Que gocedes moito destes meses de descanso!

Verémonos o curso que vén polos corredores do colexio e no patio!

Xa sodes de quinto! Que maiores!


Feliz verán !!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Ademais de cantar cos nosos afillados de tres anos, esta foi a nosa actuación no festival "O Son do 2"


RUTA EN PATINETE

Un curso máis, ao finalizar cuarto, o equipo de Educación Física do colexio organizou unha actividade no medio natural para o noso alumnado.

Trátase dunha ruta en patinete con saída desde o colexio, diversas paradas onde se desenvolven varios talleres, e finalmente, empréndese o camiño de regreso.

É unha xornada dedicada enteiramente a potenciar a vida saudable: 

Facemos deporte.

- Coñecemos mellor o noso entorno natural.

- Comemos froitas.

- Melloramos a atención e relaxámonos cunha sesión de ioga.


E todo sucede nun entorno cunha paisaxe preciosa, a da beira do noso río Miño.


Así transcorreu a xornada.

Antes de saír, escoitamos atentamente as indicacións da policía municipal sobre o uso dos patinetes.

Iniciamos a ruta.
Taller de ecoloxía cuns estupendos biólogos na veiga.
Seguimos a ruta.
Chegamos á praia de Guillarei e preparamos unhas riquísimas brochetas de foitas.
Seguimos a ruta e paramos no atrio de San Bartolomeu para practicar ioga.

Volvemos ao colexio !!!

LOS POLIEDROS

 

Con plastilina y palillos los niños y niñas de la clase fueron construyendo diferentes poliedros y contar vértices y aristas fue mucho más fácil.


FAI CLIC AO TEU BOCATA

No colexio seguimos participando no proxecto da Xunta “Aliméntate ben” encamiñado a traballar a alimentación saudable.

“Fai clic ao teu bocata” é unha das modalidades deste proxecto coa que se pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar.

A semana pasada asistimos no salón de actos a un obradoiro onde nos recordaron o importante que é incluír o consumo de peixes na nosa dieta e que as conservas feitas con produtos do mar é unha maneira sinxela de obter os mesmos beneficios.

Ademais cada neno e cada nena elixiu os ingredientes para facer un bocadillo e levou un gorro de “chef” e un mandil para poder seguir practicando na súa casa receitas saudables.


OS ROMANOS


ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA REPASAR




VISITA A ILLA DE SAN SIMÓN

Aínda que as previsións eran de treboadas, tivemos sorte e non choveu, polo que gozamos moito nesta saída.

Primeiro, fomos en autobús ata o porto de Vigo. Alí embarcamos cara o Museo Meirande.

No museo contáronnos a historia da famosa Batalla de Rande. Tedes máis información neste enlace.
Tamén estivemos nunha sala que recrea o interior dun galeón desa época: o lado onde estaban situados os canóns e a sala de navegación onde ía o capitán. 
Noutra sala está unha recreación da boega do barco. Nela hai unha réplica exacta dun lingote de prata e en paneis expoñen as madeiras empregadas para os galeóns.
Outra sala é interactiva e os nenos e nenas puideron xogar facendo puzzles dos vestidos dese tempo ou elixir alimentos na ruleta de comidas.


Despois dirixímonos rumbo a illa de San Simón.

Alí ensináronnos toda a illa e tamén a de San Antón, que está unida a San Simón cunha ponte. Mentras facíamos o circuíto, contáronnos que antigamente foi habitada por monxes; despois foi un lazareto para enfermos infecciosos; foi cárcere; e tamén foi residencia de orfos de mariñeiros...


Pola tarde toda esa información serviunos para atopar as solucións dun xogo de pistas que tivemos que ir resolvendo divididos en varios grupos.


Finalmente, acabou a xornada volvendo en barco, no que continuamos pasándoo moi ben, cantando e bailando cancións de moda.

Foi un día perfecto !

TROGLODITAS POR UN DÍA

Na nosa clase experimentamos o que sentían os artistas prehistóricos.

Baixamos as persianas, apagamos a luz e todos/as se acomodaron debaixo das mesas simulando estar no interior dunha cova. Coa axuda de pequenos focos empezaron a pintar moi emocionados/as. Nesta ocasión usaron ceras brandas.

E este é o resultado...

Logo, seguiron pintando no corredor xa con luz suficiente. Esta vez usaron témperas.

Estes trogloditas do século XXI divertíronse moito usando as técnicas prehistóricas !

XOGOS PREHISTORIA

 Pulsade na imaxe para facer unha pintura rupestre. 

Despois poderedes descargala se vos gusta como quedou.


Pulsade na imaxe e intentade resolver o quebracabezas.

AS NOSAS MÁQUINAS

Que grandes inventores son os nenos e as nenas da nosa clase !

Temos a aula chea de artiluxios construidos por eles/as (nalgún caso cun pouco de axuda familiar), poñendo en práctica o aprendido sobre o funcionamento das máquinas. Xa os probamos todos e agora o que estamos desexando e baixalos ao patio para seguir experimentando.


TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Este venres asistimos a un novo taller de “Ti si que es un bo peixe” do programa “Aliméntate ben”, que está incluído no Plan Proxecta+ da Consellería de Educación.

O obxectivo é que os nenos e as nenas coñezan os beneficios que aporta na súa dieta o consumo dos produtos frescos do mar e tamén conciencialos sobre a importancia de coidar os recursos mariños que temos en Galicia.


 AQUí podes consultar as fichas dos diversos produtos do mar dos que nos falaron.

E se queredes probalos, AQUÍ tedes unhas apetitosas receitas para poder cociñalos.

CONCERTO DE BRAIS DAS HORTAS

 Brais das Hortas estivo no colexio cantando as súas cancións e escoitándoo pasámolo moi ben.

E aínda foi máis divertido cando nos puxemos a bailar. Recordades?

A NOSA ÁRBORE

Na árbore que plantamos o curso pasado as flores deron paso aos primeiros grupos de froitos.



LETRAS GALEGAS 2023

Este é o debuxo que presentou a nosa clase ao concurso de caricaturas de Francisco Fernández del Riego, unha das actividades que organizou o colexio para conmemorar o Día das Letras Galegas.


LECTURAS COMPARTIDAS

Cada martes seguimos compartindo un tempo de lectura cos nenos e nenas da clase de tres anos.


LETRAS GALEGAS 2023

 Xogos do Seminario Galán sobre a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego.

AS COUSAS DE DON PACO

Hoxe no noso programa de radio poderedes escoitar unha obra de teatro coa que coñeceremos mellor ao autor homenaxeado este ano 2023 no Día das Letras galegas. 

Premede enriba da imaxe para escoitalos.
 


NOVO PROGRAMA DE RADIO

Pronto poderedes escoitar a un grupo de nenos e nenas da clase, xa feitos todos uns profesionais, nun novo programa da radio para conmemorar o Día das Letras Galegas. Non volo perdades! Aprenderedes unha morea de cousas sobre Francisco Rodríguez del Riego de forma moi divertida. 

CONSERVACIÓN DA NATUREZA

Hoxe visitounos un garda civil do SEPRONA e faloUnos do seu traballo, que consiste en  protexer a natureza e o medio ambiente. 

Contounos, ademais, algunhas cousas moi preocupantes, como que somos, xunto co Norte de Portugal, a zona de Europa que ten máis incendios forestais. 

Deunos consellos para que entre todos poidamos cambiar esta situación. e colaboremos xunto ás nosas familias na protección dos bosques, evitando imprudencias con consecuencias moi graves.

Tampouco se esqueceu de recordarnos que unha mascota non pode ser un capricho, polo que se a temos, somos os responsables do seu coidado e non podemos abandonala.