VISITA A ILLA DE SAN SIMÓN

Aínda que as previsións eran de treboadas, tivemos sorte e non choveu, polo que gozamos moito nesta saída.

Primeiro, fomos en autobús ata o porto de Vigo. Alí embarcamos cara o Museo Meirande.

No museo contáronnos a historia da famosa Batalla de Rande. Tedes máis información neste enlace.
Tamén estivemos nunha sala que recrea o interior dun galeón desa época: o lado onde estaban situados os canóns e a sala de navegación onde ía o capitán. 
Noutra sala está unha recreación da boega do barco. Nela hai unha réplica exacta dun lingote de prata e en paneis expoñen as madeiras empregadas para os galeóns.
Outra sala é interactiva e os nenos e nenas puideron xogar facendo puzzles dos vestidos dese tempo ou elixir alimentos na ruleta de comidas.


Despois dirixímonos rumbo a illa de San Simón.

Alí ensináronnos toda a illa e tamén a de San Antón, que está unida a San Simón cunha ponte. Mentras facíamos o circuíto, contáronnos que antigamente foi habitada por monxes; despois foi un lazareto para enfermos infecciosos; foi cárcere; e tamén foi residencia de orfos de mariñeiros...


Pola tarde toda esa información serviunos para atopar as solucións dun xogo de pistas que tivemos que ir resolvendo divididos en varios grupos.


Finalmente, acabou a xornada volvendo en barco, no que continuamos pasándoo moi ben, cantando e bailando cancións de moda.

Foi un día perfecto !