Este venres asistimos a un novo taller de “Ti si que es un bo peixe” do programa “Aliméntate ben”, que está incluído no Plan Proxecta+ da Consellería de Educación.
O obxectivo é que os nenos e as nenas coñezan os beneficios que aporta na súa
dieta o consumo dos produtos frescos do mar e tamén conciencialos sobre a importancia
de coidar os recursos mariños que temos en Galicia.
AQUí podes consultar as fichas dos diversos produtos do mar dos que nos falaron.
E se queredes probalos, AQUÍ tedes unhas apetitosas receitas para poder cociñalos.