CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA

As clases de Infantil de 5 anos e a nosa (3ºA) están encargadas de traballar sobre os ODS 6 e 7 e compartilo con todo o colexio. Este mes organizamos unha actividade na que invitamos a dous enxeneiros e un profesor para que nos falasen sobre a auga e as enerxías renovables.

Os nenos e nenas de Infantil explicaron que temos que facer para non contaminar a auga e os da nosa clase deron consellos para aforrar enerxía tanto no colexio coma nas nosas casas.


E entregaron a todas as clases un póster para que o garden na súa aula e poñan en práctica os consellos.


Podedes escoitalos aquí:


Tamén entregaron a todos os nenos e nenas do colexio unha infografía para que nas súas casas saiban coma aforrar enerxía.


Aquí volos repiten de novo. Facédelles caso.