Participamos nun obradoiro de igualdade no que, a través da metáfora dun videoxogo, fóronse revisando diferentes roles sexistas. O noso alumnado para avanzar nos niveis de xogo tiña que ir detectando estereotipos de xénero tanto na linguaxe como nas condutas, propoñendo solucións prácticas para xerar un cambio real nas nosas vidas e así acabar colectivamente co machismo. O obxectivo final era poder afirmar conxuntamente: Machismo Game Over!
TALLER DE AUTOESTIMA
Conducido por Paula, que é psicológa, tivemos un taller de autoestima para que os nenos e nenas da clase aprendan a recoñecer as súas calidades e a valorarse, fortalecendo a súa confianza e descubrindo que cada un ten algo especial que achegar. Unha oportunidade para crecer e aprender a quererse a un mesmo.
CONSEJOS PARA UNA VIDA SALUDABLE
El producto final del proyecto competencial fue elaborar un programa con recomendaciones y consejos para que todos los niños y niñas recuerden los PRINCIPALES HÁBITOS para poder llevar una VIDA SALUDABLE.
Y este es el resultado:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024
Unha das actividades que realizamos no colexio para homenaxear á Luísa Villalta foi a gravación de varios podcasts. Neste, un grupo de nenos e nenas deron un salto no tempo e viaxaron ao pasado para poder entrevistar á escritora..
NUBE, O NOSO AFILLADO
Este curso apadriñamos a outro pingüín que vive na Antártida, ao que lle puxemos o nome de Nube.
Coma na foto que nos mandaron está acompañado dunha cría, tamén eleximos un nome para ela. Os nenos e nenas decidiron chamalo Frío.
Como di o diploma, comprometémonos a.... coidar o planeta para que Nube e Frío poidan vivir felices na Antártida.
CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA
As clases de Infantil de 5 anos e a nosa (3ºA) están encargadas de traballar sobre os ODS 6 e 7 e compartilo con todo o colexio. Este mes organizamos unha actividade na que invitamos a dous enxeneiros e un profesor para que nos falasen sobre a auga e as enerxías renovables.
Os nenos e nenas de Infantil explicaron que temos que facer para non contaminar a auga e os da nosa clase deron consellos para aforrar enerxía tanto no colexio coma nas nosas casas.
E entregaron a todas as clases un póster para que o garden na súa aula e poñan en práctica os consellos.
25 N
As nenas e os nenos teñen claro que non hai excusas para ser violentos. Colocamos cometas no valado exterior do colexio con mensaxes que o recordan..
CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS
Participamos, xunto a moitos colexios da zona, na competición de campo a través en horario lectivo, que este ano se celebrou en Salceda de Caselas.
MINIFILLOAS CON CABAZA E ESPINACAS
ODS 7
O proxecto de centro deste curso xira arredor dos ODS. Para comenzar, cada clase explicará, nun pequeno vídeo, ao resto do colexio un destes Obxectivos de Desenvolvemeto Sostible. A nós tocounos o 7 e este é o noso traballo.













