O 15 de febreiro celébrase o Día Mundial do Cancro Infantil.
O noso colexio participou no “PanoChallenge”, unha actividade para concienciar da situación pola que pasan os nenos/as con cancro e da importancia que ten ser solidario.
Tódolos nenos e nenas da clase deseñaron
o seu propio pano e escribiron unha carta para animar e apoiar aos que padecen esta enfermidade.