ENTROIDO 2025

🎭✨ Este ano, a nosa temática foi os bailes de salón 💃🕺🎶, e os nenos e nenas vestíronse para a ocasión con traxes moi elegantes e coloridos.

Así percorreron as rúas da vila xunto as demais clases do colexio nun desfile cheo de música, alegría e moito ritmo. Que divertido foi bailar mentres camiñabamos e ver como a xente nos miraba sorrindo.

Sentímonos verdadeiros profesionais!

Despois do desfile, chegou o momento de repoñer forzas, e nada mellor que as típicas sobremesas do Entroido. Probamos orellas, filloas e outros doces e todos estaban deliciosos!

Foi un Entroido máxico, cheo de cor, música e sabor.