Estamos aprendendo fraccións e, para facelo máis emocionante, xogamos ao bingo.
Cada un tiña unha cartolina con debuxos de fraccións representadas en
círculos, rectángulos ou outras figuras e debían buscar a fracción correcta no cartón
e marcala!
Ao principio, algúns dos números parecían un pouco complicados, pero con
cada rolda do xogo entendían mellor como recoñecelos. Metades, terzos,
cuartos... Cada vez eran máis fáciles!
Os momentos máis emocionantes eran cando alguén gritaba "LIÑA" pero
o mellor de todo é que todos se divertiron e aprenderon xogando.