O colexio participou no Programa Froita na Escola e Lácteos na Escola,
repartindo estes alimentos nos recreos durante dúas semanas para que os nenos e
as nenas aprendan desde pequenos a ter hábitos alimentarios saudables, comprendan
a importancia de seguir unha dieta equilibrada e coñezan os nutrientes que aportan
tanto a froita como o leite.
Se queredes saber moitas cousas interesantes sobre as froitas e as verduras, descargade este libro.
E aquí tedes un cartel que vos indica cales son as froitas de tempada.