Os nenos e nenas de cuarto de primaria buscaron información sobre os BAILES DE SALÓN, e, ao facelo, convertéronse en verdadeiros expertos/as no tema.
Durante a súa investigación, descubriron que os bailes de salón son un tipo de danza onde dúas persoas bailan xuntas seguindo pasos moi elegantes e divertidos.
Imaxinádesvos movéndovos ao ritmo da música coma se estivésedes a flotar no aire? Iso é o que se sinte ao ver aos/as bailaríns/inas de salón!
Como xa saben moitas cousas, gravaron e compartiron este vídeo con todas as clases do colexio porque querían que todos/as coñecesen o especial que é bailar e descubrisen que os bailes de salón aportan moitos beneficios.
O vídeo está cheo de información interesante e algunha sorpresa. Non só explican que son os bailes de salón e os seus diferentes estilos, senón que tamén hai algo moi especial: varios fragmentos de bailes realizados por bailaríns/inas profesionais, onde poderedes ver como se moven os expertos en estilos como o valse, a samba ou o tango. Os movementos dos/as bailaríns /nas son elegantes, precisos e cheos de emoción. Isto axuda a que todos/as entendamos mellor como son os pasos e que fai único a cada estilo de baile.
Ademais, complementaron estas escenas coas súas propias explicacións e demostracións. Non as perdades !!!
E lembrade, despois de velo, que podedes elixir o voso estilo favorito e tentar practicalo na vosa casa. Será o valse, o pasodobre, ou tal vez o cha-cha-chá?
O mellor de todo é… que se queredes aprender; só necesitades ganas de divertirvos e pasalo ben.
Este profesor non só explicou como son os diferentes tipos de bailes de salón e que os fan tan especiais, senón que tamén fixo unha demostración impresionante. Foi unha oportunidade única para aprender directamente dun experto !
Neste vídeo inclúense fragmentos desta demostración.. Todos e todas os que tivemos a sorte de velos en directo, puidemos entender mellor os pasos básicos de cada estilo e o divertido que pode ser tentalo.
Algún tempo despois os nenos e as nenas moi motivados por aprender algún baile, empezaron a ensaiar coa axuda de Miguel Abreu, que os está guiando nesta aventura chea de ritmo, coordinación e traballo en equipo.
Bailar é divertido, pero tamén é TODO UN RETO.
Aprender a moverse ao ritmo da música, coordinarse coa parella e manter unha boa postura require práctica e paciencia.
E NON É FÁCIL !
Queremos compartir con
todos vós un resume dos primeiros ensaios. Neles poderedes ver como
empezan a practicar os pasos básicos do valse, o pasodoble e o cha-cha-chá. Grazas a Miguel pola súa axuda !