"O
raposo e a mestra" é un libro que estamos lendo en tódalas clases do
segundo ciclo.
O autor é Manuel Rivas que volve con este libro á literatura
infantil, as ilustracións son de Jacobo Fernández Serrano e está editado por
Xerais, na colección Sopa de Libros.
O protagonista chámase Pindo, en homenaxe ao monte Pindo que desgraciadamente ardeu o verán pasado.
É un raposo que coñece tódalas linguas e ten o poder de hipnotizar cos seus ollos, aínda que acaba el mesmo sendo hipnotizado por unha mestra, á que escoita tocar o piano e cantar en galego.
A semana pasada tivemos un encontro co ilustrador, a quen
nos interesaba moito coñecer porque fixo
os debuxos de cada capítulo a modo de cómic e non coma adoita ser normal neste
tipo de libros. Reunímonos con el no salón de actos e explicounos como fai o
seu traballo. Logo debuxounos a Pindo e
firmounos os libros.
Moitas grazas pola visita!!!
Máis fotos aquí...
Máis fotos aquí...