Santi, xa famoso no cole polas súas galletas máxicas, trouxo hoxe unha torta elaborada por el mesmo, que desapareceu en poucos minutos. Menos mal que antes puido explicar qué utensilios e ingredientes utilizou e cómo a fixo. Tamén aproveitamos para falar do tipo de nutrientes que podía aportar á nosa alimentación e comprobamos que as tortas son principalmente enerxéticas.