ÚLTIMAS PELÍCULAS

Rematamos o ciclo de cine co visionado dunha película con Lúa de protagonista facendo e animando a facer deporte, outra onde diferentes nenos e nenas do colexio contaron en lingua de signos unha preciosa historia na que nos ensinaron o valor do esforzo para alcanzar os obxectivos que nos propoñamos e, unha última, onde unha "alocada" clase (de pais e nais) pasábao en grande no colexio. Nesta ocasión, como remataba este ciclo de cine na escola, miramos as películas tomando "palomitas".