ENTROIDO 2016

Un ano máis os disfraces estaban relacionados co proxecto do noso centro, que este curso é a horta.
En terceiro decidimos ser os "chefs" que cociñarán as plantas e os froitos que recollamos.
Cun supergorro, un elegante mandil e cheos de receitas onde os ingredientes principais eran os vexetais, desfilamos polas rúas de Tui.
 Despois degustamos os postres típicos da época aportados polas familias. Moitas grazas!