A PRIMAVERA

No próximo trimestre empezaremos un novo proxecto sobre a primavera. Seguiremos observando os cambios que se producen na natureza. Tomaremos unha vez máis datos do tempo atmosférico para facer as nosas estatísticas e poder sacar conclusións comparándoos coa estación anterior. Buscaremos información sobre as plantas e os animais que volven a aparecer no noso entorno.  Buscaremos poemas, refráns, adiviñas ...,  cantaremos cancións, escribiremos historias, etc.