Empezamos a ensaiar coa axuda de Miguel Abreu, que nos está guiando nesta aventura chea de ritmo, coordinación e traballo en equipo.
Bailar é divertido, pero tamén é TODO UN RETO.
Aprender a moverse ao ritmo da música, coordinarse coa parella e manter unha boa postura require práctica e paciencia.
E NON É FÁCIL !
Queremos compartir con
todos vós un resume dos nosos primeiros ensaios. Neles poderedes ver como
empezamos a practicar os pasos básicos do valse, o pasodoble e o cha-cha-chá. Grazas Miguel pola túa axuda!