VISITA DE MIGUEL PORTO



O venres visitounos Miguel Porto, 
que é un escritor e debuxante de cómics.





Explicounos paso a paso o proceso de creación dun cómic: 

Primeiro hai un elaborar un guión (este paso é moi importante), logo fanse os bosquexos dos debuxos, e despois se perfeccionan e completan. Por último  se entintan e finalmente se colorean. 

Como vedes non é tan sinxelo coma parece, pero tras escoitalo e ver algunhas das súas creacións todos e todas temos moitas ganas de empezar a crear as nosas historietas.


Así é como van cambiando os seus debuxos, 
pero ollo! xa sabedes que insistiu en que o primeiro é facer un guión.

Miguel Porto tamén traballa en "OINK", a revista do Xabarín Club. Na actualidade é a única revista publicada en galego para nenos e nenas de entre seis e quince anos. Sae tódolos 15 de cada mes e trae varias páxinas dedicadas ao cómic. Na biblioteca do colexio temos algúns exemplares pero, se vos interesa, podedes encontrala en calquer quiosco.