O PEQUENO MAGO


Onte visitounos o autobús que promociona a película "O pequeno mago". A película está dirixida por Roque Cameselle, que é de Tui e foi alumno do noso colexio. Roque prometeunos que virá outro día con máis calma para falar cos nenos e nenas. Na clase temos o libro no que se basa a película, que tamén foi escrito por Roque. Foi moi amable connosco e firmouno engadindo unha dedicatoria moi bonita. 
A película é de debuxos animados e estréase o venres día 15 en toda España. A historia que narra sitúase en Tui, polo que anímovos a que, se podedes, non deixedes de ir ao cine a vela. O ano pasado estivo nominada aos "Premios Goya" , gustou moito no Festival de Cine de San Sebastián e a súa banda sonora xa acadou varios premios.

Na clase estivemos vendo o "trailer". Se premedes na imaxe podedes velo de novo, coñecer os personaxes e descargar debuxos e xogos.