HISTORIAS DE TRADICIÓN ORAL

No mes de novembro hai unha semana dedicada ás historias de Tradición Oral. Antigamente a xente contaba moitas historias, relatos, contos... de forma oral, e así transmitíanse de xeración en xeración. Co tempo e según as persoas que as contasen, as historias ían cambiando, así que dunha mesma historia pode haber diferentes versións. 
Para recordar esas historias antigas viñeron ao cole varias avoas, que ademais foron profesoras durante moitos anos neste colexio aínda que agora xa están xubiladas. 
Os terceiros e os cuartos reunímonos na biblioteca con Mª Luisa que nos contou "O conto da cabra montesina" que é un dos máis famosos na tradición popular. Mª Luisa contounos a versión onde unha malvada cabra cómese a unha chea de xente e ninguén pode con ela ata que chega unha pequena formiga e atopa a forma de vencela. 
Despois veu Rogelia que nos cantou unha romanza. Unha romanza é unha historia de carácter sentimental que se relata cantando. Rogelia cantounos a titulada "A infanta do reino de Canela", onde unha princesa di que só se casará con quen lle traia un mirlo branco, que resulta case imposible de conseguir, pero aparece alguén que ten un.
As dúas historias encántaronlle aos nenos e as nenas, que non pestaneaban mentras escoitaban as andanzas da cabra ou sorprendíanse cunha canción que en realidade era un conto.


Cando remataron, os nenos e nenas pedían "outra", "outra", así que levaron o encargo de pedirlle aos maiores da súa familia que lles contaran historias doutros tempos e aprendelas de memoria para contalas a súa vez na clase. 
Hoxe xa escoitamos algunhas delas contadas por Daniela, Mateo, Martina, Víctor, Estela, Hugo, Santi e Melanie. Todos e todas foron aplaudidos con entusiasmo polos seus compañeiros/as.


MOITAS GRAZAS A TODOS !!!