AS PLANTAS NA CLASE

Julica trouxo unha póla de acivro, que encontrou un veciño seu. Explicounos que o acivro está en perigo de extinción e que se vedes este Nadal unha coroa de acivro natural nalgunha porta estaredes presenciando un delito ecolóxico. O acivro medra en zonas de barrancos e bosques de faias e carballos. É un arbusto e ten unhas follas fáciles de recoñecer pola cores que ten e porque os bordos rematan en puntas moi afiadas. Os froitos son unhas boliñas de cor vermella, de entre 7 e 10 mm de diámetro. No seu interior conteñen catro sementes duras. Son velenosos para o home, pero alimentan a moitos paxaros na época onde escasea a comida para eles, o inverno.

Estela trouxo unha planta que se chama rhipsalis.
Explicounos que é un cactus colgante. Os seus talos vanse ramificando e adquiren unha forma moi peculiar que se parece a unha perruca. Bota flores, pequenas e brancas, ao final do inverno. Non lle gusta o sol directo, pero si a calor. Necesita moi pouca auga; só hai que regalo unha vez á semana e é preferible botarlla pulverizada. Para que a planta teña alimento suficiente Estela botalle uns "carbonciños" que merca na floristería e que enriquecen a terra onde está plantada.

Mateo trouxo un anthurium
Desta clase hai moitísimas especies distintas. A súa é unha planta de interior e tena sobre un moble. O talo é herbáceo. As follas son moi longas e con forma de corazón. Bota unha "flor" no medio. En realidade non é unha flor, é un espádice, que é unha espiga chea de pequenas flores, envolta por unha folla de distinta cor ás que ten a planta e que fai que destaque sobre elas. Neste momento non a tiña.