Snow é o coello de Olivia. É un coello macho que veu de Australia, como o
pai de Olivia. A súa raza é anana, polo que, aínda que só ten seis meses, non
vai medrar moito máis. Como é herbívoro come vexetais e tamén penso. Gústanlle
tamén as cenorias, como a tódolos coellos. Está cuberto dun pelo supersuave e ten as orellas moi longas. Olivia contounos
que é moi tímido, pero deixouse tocar
sen problema. En casa de Olivia hai outro coello máis que é femia.
Os compañeiros/as de Olivia fixéronlle preguntas e logo desfrutaron moito acariñándoo.
MOITAS GRAZAS OLIVIA!