Titi é a tartaruga de Santi e acaba de chegar á súa casa. Estaba moi espabilada e correteu pola mesa varias veces. Santi contounos que Titi e tódalas tartarugas precisan da luz
do Sol para manter o seu corpo quente porque teñen o sangue frío. Tamén que non
poden respiran igual que os outros animais porque a columna vertebral está
unida ao caparazón. Ademais comentou que mudan de pel pero fano pouco a pouco. Completou o seu traballo ensinándonos un libro onde había información sobre outras especies
de tartarugas.
Perla é a tartaruga de Estela. Leva vivindo na súa casa catro anos e agora
está hibernando porque fai frío. Por iso estivo sen moverse mentres Estela falaba sobre as
características destes réptiles. Contounos
como diferenciar a un macho dunha femia fixándonos no tamaño da cola, da necesidade
que teñen de calcio para ter dura a cuncha, de como fan para poder esconder a
cabeza, etc. Tamén trouxo o bote de comida que lle da normalmente.
Despois de rematar as "miniconferencias", abriuse a respectiva quenda de preguntas e
por último vimos fotos de diferentes réptiles, con e sen patas, e coñecemos
máis datos sobre as tartarugas:
-Non resisten temperaturas elevadas.
-Hibernan normalmente de outubro a marzo.
-A femia poñe os ovos en verán.
-As tartarugas poden vivir máis de cen anos.
-Hai máis de 300 especies diferentes en todo o mundo.
-A maioría destas especies están en perigo de extinción.
-Os incendios forestais matan moitas tartarugas que viven en liberdade.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS!
MOITAS GRAZAS AOS DOUS!