UN HÁMSTER NA CLASE



Un hámster coma este, estivo na nosa aula. Chámase Odd e ten tres anos. Lucas, que é o seu dono, preparou un traballo sobre a súa mascota e asistimos á primeira das "miniconferencias" deste curso sobre animais.
Entre outras cousas contounos que come pipas, noces e sementes e ás veces garda comida na boca para comela noutro momento.
Gústalle que o acariñen, pero nese momento pode morder. Pola mañán fai exercicio. Encántalle correr e xogar e demostrouno na clase facendo xirar a toda velocidade a roda da súa gaiola.
Lucas falou durante un rato e logo contestou tódalas preguntas que lle fixeron os seus compañeiros/as.
Ao final completamos a información con máis datos sobre este tipo de animais. Por exemplo:
-Viven sobre catro anos.
-Como son mamíferos, as nais levan as crías no seu ventre durante 20 días (dúas veces no mesmo ano).
-Poden nacer entre 4 e 18 fillos.
-Hai moitas razas de hámsters domésticos.
-Poden ter pelo branco, de cor crema, negro ou a manchas.
-Hai unha raza que non se pode domesticar porque enfádase con moita facilidade.
-Este último tipo vive cerca dos campos de cereais e fai madrigueiras cheas de galerías onde ten unha gran despensa de sementes. Pode acumular ata 30 kilos.

Grazas Lucas! Encantounos coñecer a Odd!