O VOLCÁN

Dous nenos de quinto na súa clase construíron un pequeno volcán que entraba en erupción e viñeron hai uns días á nosa aula para facer unha demostración diante de tódolos nenos e nenas de 3º, que deixou a varios coa boca aberta.



Primeiro mesturaron auga e vinagre, logo botáronlle colorante e finalmente engadiron bicarbonato, o que fixo que o volcán entrase en erupción. Moitas grazas! Foi impresionante!