PLANETARIOS

Durante toda a semana  viaxamos polo Sistema Solar coa axuda duns astronautas moi especiais: os nenos e nenas da clase. A través de planetarios tridimensionais, murais, debuxos e incluso un cómic propio fomos completando as informacións sobre o tema no que estamos investigando. Uns en solitario, outros en grupo, outros con axuda da familia..., todos/as trouxeron traballos fantásticos dos que aprendemos moito, incluídas as diversas técnicas plásticas empregadas para elaboralos. Moitas grazas a todos e a todas!



Aquí podedes ver fotos das exposicións orais feitas na clase.