A TERRA MÓVESE

Na clase estivemos falando dos movementos da Terra, das fases lunares, da representación da Terra e dos puntos cardinais. Nestes vídeos dannos algúns trucos para non esquecernos do que aprendimos.








Repasamos en galego...

A Terra realiza dous movementos simultáneos.
A rotación é o movemento que realiza ao xirar sobre ela mesma. Ese movemento dura 24 horas e da lugar aos días e ás noites.

A translación é o movemento que realiza a Terra cando xira arredor do Sol. Dura 365 días e algunhas horas e da lugar ás catro estacións.

A Lúa xira arredor da Terra. Tarda 28 días. As fases lunares chámanse lúa chea, cuarto minguante, lúa nova e cuarto crecente.

A Terra represéntase co globo terráqueo ou por medio de mapas. O mapa que representa a Terra na súa totalidade chámase mapamundi ou planisferio.

Os puntos cardinais serven para orientarnos. Son catro: Norte, Sur, Leste e Oeste.