O INVERNADOIRO


Papá Noel trouxolle a Julica un invernadoiro e hoxe puidemos velo na clase con algunha planta xa crecidiña e outras a punto de saír.

Julica explicounos como traballa ela no seu invernadoiro:
-Primeiro pon unha semente (vimos varios tipos) nun anaco de algodón mollado e espera a que xermine.
-Logo ten unhas moedas de terra comprimida que coloca nun vaso e cando lle bota auga empezan a facerse máis grandes ata conseguir o tamaño da maceta. 
-Por último, a planta xerminada métese nesa terra e déixase medrar. 

Julica quixo que o miraramos cos nosos propios  ollos, así que despois de ensinarnos a "moeda de terra" botoulle auga e todos comprobamos que aumentaba de tamaño rapidamente.

O invernadoiro ten que estar a 20º, polo que debe controlar a temperatura cun pequeno termómetro e, se fai demasiado calor dentro, abre as ventás ou as portas. O invernadoiro tamén ten un sistema de rego na tapa que Julica explicou minuciosamente.

Aproveitamos esta sesión para recordar o que aprendimos no primeiro trimestre sobre as plantas e tamén falamos da agricultura ecolóxica e da sorte que teñen os que cultivan plantas en hortas propias.

Grazas Julica!