EXPERIMENTOS EN QUINTO

(Premede enriba da imaxe para vela máis grande)

Hoxe fomos á clase de 5ºB porque alí están facendo experimentos moi curiosos e invitáronnos a velos. Xabi e Alex lograron que se separasen varias cores que estaban vertidas sobre leite e escapasen unhas das outras cara ás esquinas do recipiente. Alba e Candela conseguiron que unha vela metida dentro dun vaso se apagase soa e que a auga que estaba debaixo se metese dentro do vaso. María e Rebeca intentaron que unha xema de ovo entrase soa dentro dunha botella; tiveron que intentalo varias veces porque a xema resistíase, pero ao final conseguírono. Noemí, Lucía, Marta e Anxo fixeron o experimento que máis gustou, que foi que un ovo se convertese nunha bóla que podía botar.

Os nenos e nenas de quinto explicáronse moi ben contando con tódolos detalles que materiais se necesitaban en cada experimento, de forma clara e ordeada os pasos que había que seguir e, sobre todo, cal era a explicación científica desas cousas que a nós parecíannos máxicas. 

Foi unha experiencia estupenda ver como investigan os maiores e aprender deles. Na biblioteca poderemos encontrar proximamente un libriño onde nos contarán por escrito como facelos de novo.

Moitas grazas por compartir connosco os vosos descubrimentos!!!