INVESTIGANDO NA BIBLIOTECA


O venres os nenos e nenas estiveron na biblioteca do colexio buscando información sobre o universo. Hoxe na clase compartiron os uns cos outros os datos que recolleron.
Este é un pequeno resume : No universo hai moitísimas estrelas. As estrelas agrupanse en galaxias. A nosa galaxia chámase Vía Láctea. A estrela que está máis preto de nós é o Sol e somos oito planetas os que xiramos ao seu arredor (Mercurio, Venus, A Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno). Os catro primeiros son os planetas interiores e son rochosos. Os catro últimos son os planetas exteriores e son gasosos. Tamén hai planetas ananos como Plutón, Ceres ou Eris. Varios planetas teñen satélites. O satélite da Terra é a Lúa. O planeta máis pequeno é Mercurio (máis ou menos do tamaño da Lúa) e está cheo de cráteres formados polos meteoritos que chocan co seu chan, xira moi rápido sobre si mesmo e é o que está máis próximo ao Sol, sen embargo as súas noites son moi frías. En Venus fai moita calor, xira ao contrario que a Terra (de este a oeste) e hai tantas tormentas que os aparatos que mandamos para estudar a súa superficie son destruidos por elas. Na Terra hai vida sobre todo grazas á distancia á que estamos do Sol, a que temos moita auga líquida e porque estamos protexidos pola atmósfera. Marte é vermello porque hai moito ferro oxidado, ten a montaña máis alta do Sistema Solar (o monte Olimpo), hai auga conxelada nos seus polos e ten dous satélites que teñen forma de patacas asadas. Xúpiter é o máis grande dos planetas e ten moitísimos satélites xirando ao seu arredor. Saturno é o único planeta que ten aneis moi fáciles de observar porque están compostos de anacos de rochas e xeo. Urano tamén ten aneis, pero máis difíciles de ver e como está inclinado de forma diferente aos outros planetas o día e a noite duran 40 anos aproximadamente. Neptuno é o planeta que está máis lonxe, ten ventos moi fortes, tamén está rodeado de aneis que se descubriron hai poucos anos e é de cor azul claro.