PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE LÚA

Fomos ver os carteis que Lúa puxo no corredor e tomamos notas sobre como era cada personaxe e que dicía. Logo na clase, dividímonos en cinco grupos, consultamos o blogue da biblioteca e cada grupo encargouse de descubrir a un. Por último, todos os grupos axudáronse entre eles para poder completar o listado cos cinco personaxes e escribir ben os seus nomes. Todo un traballo colaborativo porque a PAZ para nós é iso: respecto, colaboración, axuda... Así todos completaron e súa ficha e puideron ir á biblioteca e metela na urna. Agora toca esperar a ver se hai sorte e recibimos algún dos premios.