APRENDEMOS CON ÓSCAR

Óscar é unha persoa invidente que hoxe estivo connosco falándonos de como é a súa vida diaria. Trouxo con el a Geón, un can labrador que lle axuda a guiarse sempre que sae da casa. Geón é supertranquilo e superobediente, aínda que Oscar contounos que ten que estar moi concentrado para facer ben o seu traballo, polo que nunca se debe de chamar a súa atención ou acariñalo sen permiso do seu dono. Óscar tamén nos ensinou como usa o bastón e deixou facer prácticas con el a algúns nenos e á profe Meli. Tamén nos falou de como poden recoñecer a cor dun rotulador co olfacto ou a cor da roupa cun aparello que fala, de como o teléfono móvil e o ordenador recoñecen a súa voz, de como son os contos para nenos e nenas cegos, de como é capaz de distinguir as distintas moedas e billetes, de como pode facer deporte ...., e, por suposto, contestou numerosas preguntas sobre como fai para vertirse, cociñar, comprar, etc.  Unha interesantísima clase e unha gran lección de superación das dificultades e de autonomía. Moitas grazas Óscar por vir e compartir a túa experiencia!